Premios Transfronteirizos GEMCAT: Prazo de participación ampliado ata o 24 de maio

Premios Transfronteirizos GEMCAT: Prazo de participación ampliado ata o 24 de maio

Imprimir Email
(0 votos)

O prazo para a presentación de candidaturas á primeira edición dos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade do proxecto GEMCAT amplíase ata o vindeiro venres 24 de maio de 2019.

Recoñecementos

As empresas solicitantes poderán optar aos seguintes premios:

  • Recoñecemento en materia de conciliación laboral e persoal: premiaranse aquelas iniciativas empresariais para implantar a conciliación nas empresas que teñan un enfoque destacado na creación dun emprego de calidade e melloren a empregabilidade das persoas. 
  • Recoñecemento en materia de igualdade de oportunidades: premiaranse os proxectos ou iniciativas que contribúan ao recoñecemento da diversidade, a busca da igualdade de oportunidades e, en definitiva, a promoción da igualdade efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos da empresa.

Quen pode participar

Poden presentar a súa candidatura aquelas empresas que conten con sede no espazo transfronteirizo ou aquelas de actividade transfronteiriza que cumpran os requisitos establecidos no apartado 3 das bases reguladoras. Para participar, deberán realizar a súa solicitude a través do formulario en liña dispoñible nesta ligazón. Xunto con este formulario, terán que enviar por correo electrónico a documentación establecida no apartado 7.2 das bases ao seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..