Nova sesión networking na RSE-Innolab: "Alianzas: Xeración de valor compartido"

Nova sesión networking na RSE-Innolab: "Alianzas: Xeración de valor compartido"

Imprimir Email
(0 votos)

A RSE-Innolab de Galicia celebra o vindeiro 4 de maio en horario de mañá a súa segunda sesión networking, que leva por título "Alianzas: Xeración de valor compartido". 

Esta xornada, cuxa participación está aberta a todas as empresas da comunidade autónoma de Galicia, permitirá aos asistentes coñecer de primeira man a experiencia en RSE dunha empresa viguesa, intercambiar experiencias e aprender de forma conxunta co alumnado da formación especializada "Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización".

O programa da sesión é o seguinte:

09:30h - Recepción

09:45h - Resumo do curso "Entende a RSC e elabora o plan de acción da túa organización". Ana Rodríguez Vázquez, docente do curso

11:15h - Experiencia RSE. Empresa Borgwarner (Vigo). Lorena Abelleira, responsable de Calidade

12:00h - Café networking

12:30h - Sesión networking. Dinámica: Boas prácticas empresariais e retos da RSE

13:45h - Posta en común da sesión networking

14:00h - Peche

A asistencia é gratuíta, previa inscrición a través do formulario dispoñible nesta ligazón