O vindeiro luns, 6 de maio, terá lugar a presentación da IX Semana Internacional do Voluntariado Corporativo, unha iniciativa impulsada por Forética á que a Xunta de Galicia amosa o seu apoio institucional. Este evento celebrarase na sede de Atresmedia (Avenida Isla Graciosa, 13, San Sebastián de los Reyes, Madrid).
Durante o encontro daranse a coñecer as claves do IX Give and Gain, Semana do Voluntariado Corporativo e acción solidaria dos empregados, que se celebrará do 7 ao 14 de maio. Nesta xornada haberá espazo para reflexionar sobre o voluntariado corporativo como ferramenta de xeración de impacto social externo e interno das organizacións. E tamén se poderá aprender das experiencias de empresas, voluntarios e organizacións non gobernamentais.
O programa do acto é o seguinte:
10:30h - Rexistro de invitados
10:50h - Foto de familia de empresas e organizacións participantes no Give&Gain
11:00 - 11:20h - Apertura:
- Representante de Atresmedia
- Monse Moliner, presidenta da xunta directiva de Forética
- José Miguel Machimbarrena, Subdirector Xeral Adxunto de ONG e Voluntariado do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social
- Pau Marí-Klose, Alto Comisionado para a Loita Contra a Pobreza Infantil
11:20 - 11:30h - Presentación da Semana Internacional do Voluntariado Corporativo
Ana Gómez, Senior Manager de Forética e coordinadora da iniciativa
11:30 - 11:45h: A aposta empresarial polo Voluntariado Corporativo
Video de Ramón Frexes, Government Affairs Director de Janssen-Cilag
11:45 - 12:45h - O impacto do voluntariado corporativo e o seu factor humano, desde a perspectiva dos diferentes actores:
Moderadora: Raquel Canales, Project Manager de Forética
- Miguel Cervantes, director xeral da Fundación Hazloposible
- Ana García, directora de RRHH e RSC de Informa D&B
- Voluntario de Informa D&B
12.45 – 12.50h - Peche a cargo do responsable da Área Social de Forética, Ricardo Trujillo
12.50h - Café e networking
Se estás interesado en asistir, podes realizar a túa inscrición nesta ligazón.