Últimos días para solicitar as axudas para implantar a RSE, a igualdade e a conciliación

Últimos días para solicitar as axudas para implantar a RSE, a igualdade e a conciliación

Imprimir Email
(0 votos)

O vindeiro xoves, 14 de marzo, remata o prazo para a solicitude das axudas para implantar a responsabilidade social empresarial, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal da Consellería de Economía, Emprego e Industria, recollidas na Orde do 20 de decembro de 2018 publicada no Diario Oficial de Galicia do luns 28 de xaneiro de 2019.

Lembramos que esta orde de subvencións está estruturada en tres liñas:

Liña I: Certificacións de RSE

Liña II: Elaboración e implantación de plans de igualdade

Liña III: inclúe tres subliñas relacionadas coa conciliación da vida laboral, familiar e persoal:

  • Subliña III.1: Incentivos para o fomento do teletraballo.
  • Subliña III.2: Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria.
  • Subliña III.3: Axudas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Todas aquelas pemes e persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea e cumpran os requisitos incluídos na citada orde, deberán presentar a súa solicitude de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.