Como debe ser un plan de igualdade e por que debemos implantalo na nosa empresa?

Como debe ser un plan de igualdade e por que debemos implantalo na nosa empresa?

Imprimir Email
(0 votos)

Un plan de igualdade é un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a acadar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación de sexo. Esta definición está recollida no artigo 46 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo para a igualdade efectiva entre homes e mulleres e no artigo 9 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, dúas normas cuxo obxectivo é a integración da igualdade de oportunidades entre ambos sexos e eliminar e corrixir toda forma de discriminación por este motivo. 

Estrutura dun plan de igualdade

Na Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva, desenvolvida polo Consello Galego de Relacións Laborais e recentemente presentada en Santiago de Compostela, recóllese a estrutura que debe ter un plan de igualdade. Así, deberán sucederse as seguintes fases:

  • Formalización do deber de negociación: convén formalizar este compromiso por escrito. 
  • Constitución da comisión negociadora do plan: será a encargada de facer o diagnóstico de situación da empresa, negociar e aprobar o Plan, así como velar pola súa correcta aplicación así como tamén de participar no cumprimento (para isto poderá designarse unha Comisión de Seguimento e Avaliación que substitúe a anterior). Deberá ser paritaria, estando constituída por unha representación da empresa e unha representación legal do persoal. En canto ao número de persoas que deben formar parte desta comisión, non existe nin un número mínimo nin máximo, pero recoméndase que haxa un equilibrio entre mulleres e homes. 
  • Diagnóstico de situación da empresa en materia de xénero: é preciso facer unha análise detallada da igualdade de oportunidades entre traballadores de ambos sexos na empresa. Nesta diagnose deberase incorporar información, tanto cuantitativa como cualitativa, que permita chegar a unhas conclusións xerais en base ás que se realizarán propostas para mellorar a situación actual da empresa. 
  • Elaboración e implantación: en función das conclusións do diagnóstico, elaboraranse unha serie de medidas para corrixir as deficiencias que poidan existir. Unha vez redactado e trasladado o plan ás persoas traballadoras, implantarase levando á práctica as accións recollidas no mesmo. 
  • Seguimento e avaliación: esta última fase desenvolverase dende o momento de implantación do plan e consiste nunha análise detallada do efecto que están provocando as medidas incluídas no documento. O proceso de avaliación resulta fundamental, posto que permite emendar os posibles erros ou aquelas medidas que non se axusten de todo aos obxectivos e á realidade da empresa. 

Razóns para implantalo

Segundo a lexislación actual, non todas as empresas están obrigadas a ter un plan de igualdade, senón que o deberán elaborar e implantar aquelas que se atopen nos seguintes supostos:

  • que teñan máis de 250 persoas traballadoras
  • que estea recollido no convenio colectivo de aplicación 
  • que sexa acordado pola autoridade laboral en procedemento sancionador, cando se especifique a substitución das sancións accesorias pola elaboración dun plan. 

Con todo, aínda que este documento sexa de carácter voluntario para moitas empresas, a súa redacción e implantación é considerada unha medida de responsabilidade social que, ao ser comunicada, mellora a reputación da empresa e outórgalle unha vantaxe competitiva. Ademais, os plans de igualdade levan consigo unha serie de beneficios para as empresas. Entre eles atopamos:

  • Diminución do absentismo laboral debido a un mellor ambiente de traballo
  • Diminución da rotación das traballadoras, ao existir maiores posibilidades de promoción e mellora salarial
  • Aumento da produtividade
  • Maiores oportunidades para reter o talento na empresa
  • As empresas poden obter beneficios, como a maior puntuación e mellor imaxe da empresa no concurso dun servizo coas administracións públicas

Axudas para o fomento da igualdade

No seu compromiso pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nas empresas galegas, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten neste momento aberto o prazo para a solicitude das axudas para implantar a responsabilidade social, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal. En concreto, a liña II desta orde de subvencións está dirixida á elaboración e implantación de plans de igualdade, tanto de xeito voluntario como en cumprimento dunha obriga establecida nun convenio colectivo, e ten en conta os seguintes conceptos:

  • Os custos da elaboración dunha diagnose da realidade da empresa dende a perspectiva de xénero:  subvencionarase ata o 80% dos custos que leve este proceso, cun máximo de 3.000 euros nas empresas de ata 20 persoas, e ata 5.000 euros nos demais supostos. 
  • Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as medidas orientadas a corrixir as deficiencias detectadas no proceso previo de diagnose: subvencionarase ata o 80% dos custos derivados deste proceso, con ata 1.500 euros nas empresas de ata 20 persoas, e un máximo de 3.000 euros nos demais supostos. 
  • Os custos derivados da primeira fase de implantación das medidas do plan: subvencionarase ata o 80% dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade, cun máximo de 1.000 euros nas empresas de ata 20 persoas, e ata 2.000 euros nos demais supostos.
  • A contratación a xornada completa durante un mínimo dun ano dunha persoa experta en materia de igualdade: outorgarase unha contía de 12.000 euros. 

As empresas solicitantes desta liña de axudas deberán ser pemes ou persoas autónomas, que teñan subscritos contratos con a lo menos 10 traballadoras e traballadores por conta allea, e que conten con domicilio social e centro de traballo en Galicia, independentemente da súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentación da solicitude. Tamén poderán ser aquelas empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación na nosa comunidade. 

As solicitudes deberán realizarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e o prazo manterase aberto ata o vindeiro 14 de marzo.  


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agario unblocked
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel