Nova lei de información non financeira e diversidade: que debemos ter en conta

Nova lei de información non financeira e diversidade: que debemos ter en conta

Imprimir Email
(0 votos)

A Lei 11/2018 de información non financeira e diversidade, recentemente publicada no Boletín Oficial do Estado, introduce unha serie de cambios relativos á divulgación deste tipo de información relacionada coa responsabilidade social empresarial, a cal contribúe a medir e supervisar o rendemento das empresas, así como o seu impacto na sociedade.

Esta norma é máis esixente que a regulación anterior, posto que amplía as sociedades obrigadas a presenta o Estado de Información Non Financeira, así como os contidos que debe incorporar o citado informe. Ademais, indica novos requirimentos tanto de verificación como de divulgación. Con isto, búscase unha transición cara a unha economía más sustentable, que ademais de rendibilidade, estea caracterizada pola xustiza social e o coidado do medio ambiente.

 

Que sociedades están obrigadas

Ata a chegada da nova lei, a obriga de presentar esta información reducíase unicamente ás entidades de interese público que cumprisen cunha serie de requisitos. Así, agora deberán realizar o informe todas aquelas empresas que se atopen nas seguintes situacións:

  • Que o seu número medio de traballadores empregados durante o exercicio sexa superior a 500 e que teñan a consideración de entidade de interese público.
  •  Que o seu número medio de traballadores empregados durante o exercicio sexa superior a 500 e que reúnan, na data de peche de cada un deles, polo menos dúas das seguintes circunstancias:

·         Que o total das partidas do activo consolidado sexa superior a 20.000.000 de euros.

·         Que o importe neto da cifra anual de negocios consolidada supere os 40.000.000 de euros.

·         Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio sexa superior a 250.

Ademais, unha vez transcorridos tres anos da entrada en vigor da lei, esta ampliará o seu alcance a aquelas empresas con máis de 250 traballadores que cumpran os requisitos anteriormente mencionados.

 

Que debe incluír o Estado de Información Non Financeira

Este documento deberá recoller a información necesaria para comprender cal é a situación das empresas e o impacto da súa actividade, cando menos no referente ás seguintes cuestións:

  • Información medioambiental: inclúe, entre outras, cuestións relativas á contaminación, ao uso sustentable dos recursos ou á economía circular e a xestión dos residuos.
  • Información sobre cuestións sociais e relativas ao persoal: trataranse neste apartado temas como o emprego, a organización do traballo, a saúde e a seguridade na empresa e as relacións sociais, así como o referente á formación dos traballadores, a accesibilidade universal das persoas con discapacidade e a igualdade entre mulleres e homes.
  • Información sobre o respecto dos Dereitos Humanos, como pode ser a eliminación da discriminación ou a prevención da súa vulneración.
  • Medidas relativas á loita contra a corrupción e o suborno.
  • Información sobre a sociedade, a cal fai referencia á súa información fiscal, aos datos relacionados coa subcontratación e os provedores e aos compromisos da empresa co desenvolvemento sustentable, entre outros aspectos.

Así mesmo, poderá incluírse calquera outra información que se considere significativa.

 

Verificación e divulgación

Dende agora será obrigatorio que a información incluída no Estado de Información Non Financeira sexa verificada por un prestador independente de servizos de verificación, así como que a información se poña a disposición do público de forma gratuíta e sexa facilmente accesible no sitio web da sociedade dentro dos seis meses posteriores á data de finalización do ano financeiro.

 

Por que é importante esta lei

É certo que, hoxe en día, a responsabilidade é unha tendencia á alza e cada vez máis empresas comprenden o seu valor e comunican a súa información non financeira, para amosar os seus valores á sociedade, sendo conscientes de que a responsabilidade é unha vantaxe competitiva.

O feito de que se amplíe a cantidade de compañías que están obrigadas a presentar e divulgar a súa información non financeira é unha grande oportunidade para concienciar a todo o tecido empresarial de por que é importante facelo. Sen dúbida, esta norma supón un avance importante na responsabilidade social e nos impulsará cara unha completa transparencia e sustentabilidade.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario agario unblocked instagram takipçi satın al evden eve nakliyat çavuşoğlu evden eve nakliyat