"O programa Mondariz Verde impuxo unha filosofía na xestión da empresa centrada no aspecto ambiental"

Imprimir Email
(0 votos)

Aguas de Mondariz desenvolve a súa RSE coa filosofía de devolverlle ao contorno máis próximo parte da riqueza que xera. Sobre todo, na súa fórmula destaca a preocupación polo eido ambiental, con accións específicas desde os anos 90.

Falamos con Alberto Cabadas Avión, director de Planta de Aguas de Mondariz.

Cales son os eixos principais da estratexia RSE de Aguas de Mondariz?

O eixo principal da RSE nace da propia idiosincrasia de empresa, xa que, nós usamos como materia prima un elemento natural que é a auga. Por iso, entendemos que debemos ser exemplo no coidado dos recursos naturais e que debemos establecer e cumprir políticas que se axeiten a este obxectivo. Desde hai moitos anos traballamos no desenvolvemento destas políticas que nos converteron na primeira empresa europea do sector en obter unha certificación ambiental baixo a norma ISO 14000 e EMAS e o premio europeo de ambiente.

Non obstante, levamos a cabo outras accións que teñen un fondo enraizamento coa nosa xente: políticas de contratación que dan prioridade de acceso aos postos de traballo aos mondarizáns e aos fillos e fillas do persoal da empresa (este criterio variouse durante a crise, de acordo co comité de empresa, para incluír a xente con risco de exclusión social), invitación para toda a vida aos antigos traballadores á comida de Nadal da empresa...

Tamén fomentamos a igualdade entre homes e mulleres. Como na maior parte dos procesos produtivos, a historia dicía que sempre se daba unha maioría masculina. No noso caso, no último exercicio conseguimos xa un 40-60 . Neste senso convén subliñar que, a nivel de xestión do centro, existe paridade nos postos directivos. Non obstante, este é un eido no que temos marxe de mellora e seguimos traballando a prol de acadar o obxectivo perseguido.

Defenden un modelo de negocio de explotación de auga mineral sustentable. En que compromisos está baseado?

Este modelo está escrito na nosa política empresarial e comunicámosllo a todos os nosos empregados e empregadas, Administración... e tratamos de que chegue aos nosos consumidores mediante accións de divulgación como a memoria de sustentabilidade ou as declaracións ambientais. É imposible que unha persoa entre a traballar na nosa empresa sen coñecer este aspecto fundamental da nosa vocación.

Queren que chegue o seu bo facer aos consumidores. Cada vez máis estudos de tendencias de consumo indican que os clientes prefiren mercar produtos de empresas responsables. Cal é a súa opinión?

Creo que non é un concepto maduro no consumidor nestes momentos. Con todo, hai que pensar que o noso compromiso é independente do valor que lle dea o consumidor porque cremos niso. É a diferenza entre unha campaña de marketing e un compromiso, que está nos nosos valores.

En 2007 puxeron en marcha "Mondariz Verde", un proxecto para introducir melloras que impliquen un beneficio ambiental. Que balance pode facer despois destes anos?

O balance foi moi positivo, con resultados moi interesantes desde o punto de vista ambiental. "Mondariz Verde" foi un programa que se lanzou dentro da organización coa finalidade de cuestionarnos todas as nosas posturas e produtos. Levounos non só a unhas medidas concretas sobre o existente, senón a reformular os nosos principios de partida para calquera proxecto que se iniciara despois dese programa. Neste eido convén destacar a nosa formulación dos envases de vidro de Mondariz, que son un exemplo de eficiencia ambiental e aforro de recursos en prol da protección da contorna. Algúns resultados disto son a redución do peso e a redución das emisións do transporte por incremento do número de envases por camión.

Pero, sen dúbida, a parte máis importante dese proxecto non foron os resultados senón a filosofía que impuxo na xestión do futuro da compañía, que non se entende sen contemplar os aspectos ambientais. Por exemplo, dentro dos obxectivos deste ano estamos a traballar nunha nova mellora da eficiencia dos nosos envases de plástico, contando cos avances tecnolóxicos e de materiais.

Os envases de vidro de Mondariz son un exemplo de eficiencia ambiental e aforro de recursos en prol da protección ca contorna

Polo que conta, prestan especial importancia aos envases, reducindo material empregado, reciclando e mellorando o seu transporte. Como se fai innovación neste campo?

A este aspecto prestámoslle moita atención porque os envases forman parte do impacto que a nosa actividade traslada aos fogares dos consumidores. Neste sentido, traballamos cos criterios aliñados cos obxectivos e directrices que marcan as autoridades europeas e que falan da redución de peso e de volume dos residuos de envases.

As principais innovacións neste eido céntranse en varios aspectos. Buscamos estruturas que melloren as características de resistencia vertical e horizontal do envase para que, con menos peso, non se vexan reducidas as prestacións deste. Traballamos con novos materiais, con diferentes características de plastificación; investigamos no eido dos materiais biodegradables e tamén na mellora das características de oxobiodegradación dos materiais actuais.

Forman parte do Grupo de Representación de Empresas Galegas en materia de RSE. Como ve a implantación da responsabilidade social empresarial en Galicia?

Pois penso que esta é unha idea moi boa porque a realidade das empresas galegas é que fan moitas cousas que non entenden como RSE e, polo tanto, non son capaces de trasladalas. Nesta iniciativa trátase de que as empresas que levamos máis tempo traballando neste eido poidamos, coa nosa experiencia, axudar a poñer en valor estas accións doutras empresas. Neste senso, o labor ten una dobre vertente. Por unha banda, que a pequena empresa asimile a RSE como parte da xestión da empresa. Pola outra, que sexa capaz de trasladar ese valor, non só co obxecto de publicitalo senón tamén de dar exemplo.

A pequena empresa galega tende a pensar que RSE é o que fai Bill Gates e que o que eles fan non se pode comparar. Este é un erro de formulación moi estendido. Cada un ten que ser capaz de facer, desde o compromiso, aquilo que pode e no que cre, con independencia dos recursos que usen os demais.

 

 

 

 

 

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel casino siteleri sex sohbetleri casino siteleri