Máscaras para todos, seguridade para todos

A empresa especialista na industria de plástico químico Epoltech ven de doar as primeiras 10.000 máscaras homologadas para os colectivos máis desfavorecidos. Unha actuación enmarcada dentro das súas accións de Responsabilidade Social Empresarial coa que contribúen á labor das asociacións e organización sen ánimo de lucro a loitar contra a crise da covid19.

 

Dende a rama sanitaria Epoltech Health & Protect, fabrican e distribúen máscaras e outros produtos de protección fronte a covid19, como xel hidroalcóholico, desinfectantes, virucidas, etc.

 

A primeira doazón de máis de 10.000 máscaras realizouse a través de acordos co banco de alimentos e albergues para que sexa unha doazón continuada, mensual, mentres que a máscara sexa de uso obrigatorio. Neste proceso están implicados o Banco de alimentos, Albergue Covadonga, Fundación Abanca, Fundación Liberbanck, concellos de Culleredo, Cambre, Pontedeume e Oleiros.

 

A través desta actuación Epoltech favorece aos colectivos máis desfavorecidos ao tempo que implica a outros fabricantes de material sanitario, como de desinfectantes ou xeles hidroalcohólicos.

 

Unha actuación de RSE que se suma ás que xa desenvolve a empresa a través de planes de conciliación, coidado do medio ambiente.

 

Empresa Epoltech

Sector: produtos sanitarios
Tamaño: 5
web: http://www.epoltech.com