"O obxectivo de toda empresa debe ser crear valor en calquera aspecto da sociedade"

"O obxectivo de toda empresa debe ser crear valor en calquera aspecto da sociedade"

Imprimir Email
(0 votos)

Innovando desde Galicia para mellorar a seguridade viaria. Netun Solutions é unha das empresas que participa en Responsabilízate, programa co que esperan implantar políticas de RSE interna así como seguir atendendo as necesidades das persoas con mobilidade reducida. Falamos con Jorge Juan Costas Otero, o CEO da empresa. 

De recente creación, nacen para converter ideas en produtos ou servizos que melloren a calidade de vida da cidadanía. Por que o decidiron así?

Realmente o obxectivo de toda empresa debe ser crear valor en calquera aspecto da sociedade. Nós consideramos que a seguridade viaria era unha materia pendente para as start up e gustaríanos aportar o noso gran de area neste aspecto. 

O investimento en innovación semella inseparable da concepción da súa empresa. Utilízana como medio para conseguir un mundo mellor?

Sen dúbida. Dicimos que nacemos para xerar innovación en tecnoloxías que conecten persoas, asfalto e máquinas. Tratamos de adaptar a máxima tecnoloxía posible para mellorar a asistencia na estrada.

O primeiro reto foi mellorar a seguridade viaria cun dispositivo de sinalización de avarías na estrada. En que consiste?

Help-flash é un dispositivo luminoso autónomo, compacto e intuitivo que cun sinxelo xesto nos sinaliza na estrada nuns poucos segundos e fainos visibles a un quilómetro de distancia. Desta forma, estaremos protexidos nos primeiros instantes tras unha parada na estrada, que son os máis perigosos.

Tivo gran repercusión nos medios e obtivo diversos recoñecementos. Como foi a resposta con respecto a clientes?

Efectivamente fomos finalistas nos premios "Ponle Freno", obtivemos o primeiro premio da Galería da Innovación en Motortec 2017, feira internacional do sector do automóbil, e gañamos a edición deste ano dos premios Emprendedores e Seguridade Viaria da Fundación Línea Directa. En canto á resposta dos clientes foi moi superior ás nosas mellores expectativas. O público ao que chegamos comenta a enorme utilidade do produto.

Polo momento, o aparato fabrícase en China. Teñen pensado centrar a produción en Galicia?

Comezamos a fabricar en China coa idea de reducir os custos para facer as primeiras probas. Con todo, trala grande acollida, vímonos obrigados a seguir un tempo. Agora mesmo pechamos un acordo de fabricación en España e unha gran parte do produto será fabricado en Galicia, onde tamén se atopa a base da compañía e o departamento de innovación. 

Contaron coa colaboración do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Consideran que a nosa comunidade está avanzando en I+D+i?

O CTAG colaborou no deseño inicial do produto e esta colaboración foi decisiva para obter a gran potencia de luz que temos e facer os primeiros prototipos. Estamos seguros de que non só avanzamos en I+D+i, senón que Galicia empeza a ser un referente en diferentes sectores e principalmente no do automóbil co empuxe do CTAG, CIS e, agora, coa Business Factory Auto. Sen saír de Galicia temos, por exemplo, a posibilidade de facer prototipos por impresión 3D de alta calidade e moitas ferramentas de máximo nivel.

Participan en Responsabilízate e definirán medidas RSE para implantar no futuro. Xa saben en cales se centrará o plan de acción?

As primeiras medidas serán internas, cos empregados e socios da propia compañía. Debemos comezar pola nosa propia casa para, a continuación, atender os que fan posible o noso proxecto como provedores e patrocinadores, sen esquecer os clientes. 

Tampouco nos esqueceremos das persoas con mobilidade reducida, que xa supoñen máis de 5 millóns de condutores en Europa, pois os medios de sinalización actuais non están adaptados a estes. Por iso faremos moitas e variadas accións centradas nese colectivo e na educación viaria dos futuros condutores. 

Unha empresa Responsabilízate
  • Empresa: Netun Solutions S.L. – help-flash
  • Provincia: Pontevedra
  • Sector: Seguridade viaria - Insurtech - IoT
  • Número de traballadores: 5
  • Obxectivo de Responsabilízate: Non só ser socialmente responsables senón melloralo e comunicalo.
  • Valoración do programa: Paréceme un programa excelente que nos está aportando moito coñecemento nunha área que practicabamos pero sen saber que o faciamos.

Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel casino siteleri sex sohbetleri casino siteleri