Agenda
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) convoca os "Premios cermi.es 2016", que anualmente concede a entidade co fin de recoñecer o traballo en favor das persoas con discapacidade e as súas familias.
As persoas, entidades, organizacións ou institucións que desexen participar nestes galardóns deben enviar a súa candidatura á sede estatal do CERMI (Rúa Recoletos, 1, Madrid) ou ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.ata o 14 de xullo de 2016. O fallo do xurado coñecerase na segunda quincena do mes de setembro.
As categorías ás que se pode presentar candidatura son Inclusión Laboral, Investigación Social e Científica, Acción social, Accesibilidade Universal, Acción Cultural Inclusiva, Fundación CERMI Mulleres, Acción en beneficio das mulleres con discapacidade, Medios de Comunicación e Imaxe social da Discapacidade, Mellor Acción Autonómica e/ou Local, Responsabilidade Social Empresarial, Activista-Traxectoria Asociativa, e Institucional.