Agenda
IV Premios á Innovación Sustentable de Expansión
O diario económico Expansión convoca a IV edición dos Premios Innovación + Sostenibilidad + Red. Estes teñen como obxectivo recoñecer a innovación dunha empresa ou organización no seu proceso de integrarse nunha sociedade máis comprometida coa cidadanía e coa protección do medio. Os premios divídense en tres categorías: Grande Empresa Sustentable, Institución Sustentable e Emprendedor Sustentable. O prazo de presentación finaliza o 1 de xullo.
O proxecto presentado, cuxa data formal de comezo debe ser inferior a tres anos, tivo que contar para a súa posta en marcha coa implicación de diversos departamentos da organización e coa participación dos grupos de interese, organizacións da sociedade civil ou entidades administrativas.