Imprimir esta página
Incrementamos nun 30% o orzamento para o fomento da igualdade, a conciliación e a RSE

Incrementamos nun 30% o orzamento para o fomento da igualdade, a conciliación e a RSE

04 Mai 2021 |

(0 votos)

No seu compromiso de promover a responsabilidade social empresarial como un valor estratéxico dentro do tecido empresarial, a Xunta de Galicia dedicará este ano 2,6 millóns de euros ao programa de fomento da igualdade laboral, a conciliación, o teletraballo e a RSE dentro das compañías galegas, o que supón un incremento do 30,65% do orzamento respecto aos apoios do ano anterior.

Tal e como indicou Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais, nunha recente formación en liña sobre plans de igualdade, o goberno galego traballa con decisión para cumprir “a Estratexia Galega de RSE e para avanzar no respecto aos obxectivos da igualdade de xénero no ámbito laboral, a corresponsabilidade e a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, das persoas traballadoras”.

Con esta estratexia e os esforzos dirixidos a fomentar a non discriminación por cuestións de xénero e un maior benestar das persoas traballadoras, o goberno galego está a traballar nun mercado laboral máis accesible e dinámico que axude a conseguir un maior benestar social.

Convocatoria 2021

A convocatoria do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social será anunciada proximamente na nosa web.