Imprimir esta página
Xornadas de presentación da segunda edición do programa Responsabilízate

Xornadas de presentación da segunda edición do programa Responsabilízate

19 Xuño 2018 |

(0 votos)
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra en cada unha das provincias galegas unhas xornadas de presentación da segunda edición do proxecto Responsabilízate
  • Contarase coa asistencia de empresas participantes na primeira edición do programa, que exporán as súas experiencias e actuacións en materia de RSE
  • Daranse a coñecer todos os aspectos clave da convocatoria para a selección de pemes e persoas traballadoras autónomas ás que se prestarán servizos do programa Responsabilízate (2ª edición), así como os beneficios e as vantaxes competitivas que adquire a peme ao participar no programa

As xornadas de presentación da segunda edición do programa Responsabilízate terán lugar en cada unha das catro provincias galegas:

O programa Responsabilízate ten como principal obxectivo axudar de maneira gratuíta as pemes a ser autónomas na implantación da RSE como parte do seu modelo de negocio a través do acompañamento real dunha persoa titora experta en RSE que facilite esta labor. En concreto, neste programa axudarase ás pemes que queiran participar a elaborar unha diagnose da súa empresa en materia de RSE. Para iso, impartiráselle formación na materia e elaborarase un plan de acción específico para que poida implantar diversas accións en RSE, o que axudará a contribuír á súa competitividade. 

En cada unha destas xornadas contarase coa participación de empresas da primeira edición do programa Responsabilízate, que exporán a súa experiencia dentro da iniciativa. 

Así mesmo, daranse a coñecer todos os aspectos clave da convocatoria publicada o pasado 13 de febreiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) para a selección da pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás que se prestarán servizos do programa Responsabilízate (2ª edición), así como os beneficios e as vantaxes competitivas que adquire a peme ao participar.