Edición 2015

Os premios RSE Galicia queren ser un recoñecemento público a aquelas iniciativas e boas prácticas levadas a cabo polas empresas galegas. Ao mesmo tempo, pretenden sensibilizar ao empresariado da nosa comunidade sobre a necesidade de incorporar a RSE no desenvolvemento da súa actividade, así como concienciar a opinión pública sobre a importancia dunha forma de xestión empresarial responsable.

Fallo do xurado Premios RSE Galicia 2015

Os premios RSE Galicia pretenden ser un recoñecemento público a aquelas iniciativas e boas prácticas desenvolvidas polas empresas galegas en calquera das dimensións ou ámbitos (social, económico e ambiental) da RSE.

O xurado dos premios RSE Galicia 2015 acorda conceder, por unanimidade, un total de 8 premios e 2 mencións ás seguintes empresas nas súas distintas categorías e modalidades.

Pequena empresa

  • Modalidade social: Metal Ferrol
  • Modalidade ambiental: Encapsulantes de Valor Añadido e Generadores Europeos (premio compartido) e Porto-Muíños (mención)
  • Modalidade económica: Ambical Proyectos

Mediana empresa

  • Modalidade social: Feiraco
  • Modalidade económica: Autoridade Portuaria da Coruña

Grande empresa

  • Modalidade social: Gadisa
  • Modalidade ambiental: Grupo Calvo
  • Modalidade económica: Grupo Calvo (mención)

 

Ligazóns de interese

 

Xunta de Galicia
Turismo de Galicia