Pictoaplicacións

imprimir

Descrición

Un membro do equipo quería comunicarse de forma máis efectiva e sinxela co seu fillo, diagnosticado con TGD - Autismo, pero as opcións dispoñibles non o convencían. Desta necesidade, e aproveitando a súa especialización no desenvolvemento de aplicacións para internet, xurdiu a idea das Pictoaplicacións de Grupo Promedia. 

O proxecto ten como propósito axudar a persoas con dificultades de expresión na linguaxe oral a progresar na comunicación e comprensión de coñecementos. Faino a través das novas tecnoloxías con diversas aplicacións desenvolvidas con pictogramas, todas elas gratuítas e de libre acceso. A empresa intenta que as súas aplicacións sexan o máis sinxelas e intuitivas posible, sen necesidade de ler complexos manuais para a súa utilización, e que se poida acceder a elas en calquera momento e lugar. As aplicacións procuran ser visualmente atractivas para que aumente o interese pola actividade, pero sen incluír distraccións no proceso para que a mensaxe chegue sempre o máis clara posible.

Impacto

As pictoaplicacións axudan as persoas con TEA e outros trastornos así como ás familias. Favorecen a súa inclusión a través do uso das novas tecnoloxías. A empresa conta máis de 500.000 usuarios das aplicacións no último ano, que proceden de 100 países distintos, especialmente de España e América Latina. Esta acción mellora a imaxe de marca da empresa ao tempo que achega valor e coñecemento ao sector TIC a través dun proxecto non lucrativo.

Empresa: Grupo Promedia
Tamaño: 3 empregados
Sector: Consultoría
Web: www.grupopromedia.es

youwin