Movemento de accións pola rehabilitación

A crise sanitaria vivida en 2020 provocou un confinamento que impulsou novas accións para impulsar a actividade física. Nos centros Povisa os ximnasios estiveron pechados polo que o persoal responsable da recuperación impulsaron a edición de vídeos en YouTube destinados a continuar cos exercicios de recuperación desde o domicilio. Unha serie de tutoriais que chegaron a sumar 250.000 visualizacións mensuais. Os vídeos foron ideados, principalmente para doentes con problemas de mobilidade de diversa índole, e que tamén foron seguidos polo público en xeral. Así o equipo de Rehabilitación de Povisa gravou vídeos nas que mostraba que accións e recomendacións sobre como vestirse ou como recuperar a mobilidade de unha articulación tras unha lesión traumática ou operación.

Cada un dos vídeos explica como realizar os diferentes exercicios, xa sexa para a recuperación tras un ictus, tras unha operación de cáncer de mama, para afrontar as secuelas da covid ou tras unha lesión traumática, entre outras moitas. Vídeos públicos dispoñibles para todos, para asociacións, entidades ou colectivos que o precisen.

Empresa: POVISA (grupo sanitario Rivera)

Sector: sanitario

Tamaño: 1.500 empregados

 

web https://www.povisa.es/

 

Información adicional: https://www.youtube.com/channel/UCBAjwp7kvfgflWv6vKfgvNg