Apoio a colectivos desfavorecidos

Pedrido Fotografía, empresa de fotografía coorporativa, de empresa e para particulares que tamén realizar cursos de formación neste área, conta cun programa de descontos para os integrantes da asociación Andaina Pro Saúde Mental.

A iniciativa, recollida baixo o nome de Agarimo ten como obxecto a creación de comunidade e concienciación sobre as necesidades de colectivos con problemas e desfavorecidos. Para lograr isto Pedrido Fotografía pon a disposición das persoas usuarias todos os seus recursos materiais e humanos. A través deste proxecto quere colaborar con fundacións e asociacións de inserción de Galicia.

Agarimo ofrece descontos directos para os asociaciados de Andaina Pro Saúde Mentalpero, ademais, os clientes de Pedrido Fotografía poden acumular puntos no Banco de Agarimos que posteriormente as entidades sociales e sen ánimo de lucro poden cambiar por servizos de fotografía.

 

Empresa: Pedrido Fotografía

Sector: fotografía e imaxe

Tamaño: 1 persoa empregada

Web: http://www.pedridofotografía.com

Enlace directo a la iniciativa: www.pedridofotografia.com/programa-socio-rse-agarimo.html