Imprimir esta página
Os proxectos empresariais no rural galego contan coa colaboración da administración autonómica

Os proxectos empresariais no rural galego contan coa colaboración da administración autonómica Destacado

17 Decembro 2020 |

(0 votos)

A titular da Conselleria de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, refrendou o compromiso da administración autonómica co fomento do emprego estable no rural no encontro mantido co alcalde do Bolo (Ourense), Manuel Corzo, no que avaliaron os puntos de interese para abrir novas vías de colaboración. A xuntanza forma parte da rolda de contactos que está a manter a titular de Emprego e Igualdade cos principais axentes económicos e sociais de Galicia con especial atención ás entidades locais galegas no compromiso de fomentar iniciativas que permitan asentar pequenos proxectos empresariais no rural.

 

Uns encontros nos que a Xunta destaca o compromiso co emprego local potenciando así un dos eidos da Responsabilidade Social Empresarial que permiten o desenvolvemento laboral.

Lorenzana reafirmou, neste sentido, a aposta da Administración autonómica pola integración laboral de persoas con maiores dificultades e co deseño de pequenos proxectos empresariais no rural, que poidan ser reproducidos en toda Galicia, para contribuír a asentar nos núcleos máis pequenos tanto traballadores como poboación.  Programas como Aprol Rural, do que se beneficiou o Concello do Bolo no último ano, contribúen incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural, mediante a contratación de persoas desempregadas, e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia.