Imprimir esta página
Publicado o listado de empresas admitidas na segunda edición de Responsabilízate

Publicado o listado de empresas admitidas na segunda edición de Responsabilízate

18 Setembro 2018 |

(0 votos)

Un total de 132 pemes galegas foron admitidas para participar na segunda edición do programa Responsabilízate, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Emprego mediante a cal se prestan servizos de tutela para a implantación da responsabilidade social empresarial nas empresas de Galicia. 

Tal e como establece o artigo 11 da Resolución do 1 de febreiro de 2018 (publicada no DOG n.º 31 do 13 de febreiro de 2018) pola que se lle dá publicidade ás bases reguladoras, procédese á comunicación da resolución das empresas admitidas a través desta páxina web.

Empresas admitidas

Resolución do 18 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica a relación das empresas admitidas.