Imprimir esta página
O IV RSEncuentro puxo o foco nos territorios responsables

O IV RSEncuentro puxo o foco nos territorios responsables

30 Setembro 2017 |

(0 votos)

Máis de 100 persoas participaron no IV RSEncuentro, que se celebrou en Valencia os pasados días 28 e 29 de setembro baixo o lema "Territorios Socialmente Responsables". O evento serviu para analizar a situación da RSE e os retos para que siga avanzando nas administracións públicas, empresas e entidades sociais.

Zulima Pérez, secretaria autonómica de Transparencia, Responsabilidade Social, Participación e Cooperación da Generalitat Valenciana, foi a encargada de abrir o IV RSEncuentro. "Necesitamos unha alianza para instalar os valores éticos nas empresas e a sociedade e a RSE ten que ser percibida como unha oportunidade para xerar confianza, ética e innovación social", afirmou Pérez, para quen "a pobreza, o cambio climático e a desigualdade socioeconómica son retos que nos afectan a todos".

Na primeira xornada houbo tempo para analizar o impulso da RSE desde a administración autonómica. Para Orencio Vázquez, coordinador do Observatorio de RSC que moderou a mesa, "a RSE pode axudar a xerar confianza nas administracións públicas". "Para que a RSE avance hai que seguir profesionalizando a súa xestión. Está a chegar ao consumidor de maneira moi lenta. Ademais, o tecido empresarial está conformado nun 98% por medianas e pequenas empresas e hai que chegar a elas e explicarlles que a RSE xera beneficios", afirmou Antonio Campos, do Observatorio de RSE da Junta de Extremadura.

O foco desta edición foron os "Territorios socialmente responsables", aproveitando que este ano Valencia é Capital Mundial da Alimentación Sustentable por Nacións Unidas e unha das cidades punteiras en sustentabilidade urbana. Xunto coas cidades de Vitoria, Madrid e Alacante debateuse sobre como lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Así, expuxéronse proxectos como o da Fundación do Porto de Valencia, o Metro de Madrid, a visión de Vitoria como Green Capital e a xestión da auga e infraestruturas verdes de Alacante.

A RSE máis práctica 

Durante a segunda xornada, celebrada o venres 29 de setembro, celebráronse cinco talleres para os asistentes: "Medios de Comunicación e RS", "Turismo e cidades sustentables", "Organizacións saudables", "Diversidade, riqueza e talento", "Innovación social".  

Os asistentes ao RSEncuentro tamén puideron coñecer de primeira man distintos proxectos responsables como Circolio, Slowear project, IDIPOWER, Reciclean,  Escena Erasmus e a iniciativa gañadora Bicis para todas.

Con esta de Valencia, xa son catro edicións, unha delas en Santiago de Compostela, que converteron o RSEncuentro nunha referencia como espazo dinamizador de ideas para quen traballa desenvolvendo novos modelos de empresa, máis vinculados ao territorio e máis comprometidos coas persoas. O próximo RSEncuentro celebrarase en Vitoria.