Vinte novas entidades reciben o distintivo “Igualdade na Empresa” 

Vinte novas entidades reciben o distintivo “Igualdade na Empresa” 

Imprimir Email
(0 votos)

Tal e como publica o BOE do 26 de agosto, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade acaba de outorgar o selo "Igualdade na Empresa" correspondente ao ano 2016 a vinte empresas que destacan polo desenvolvemento de políticas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no eido laboral.

As seguintes empresas súmanse a unha lista que conta xa con máis de cen entidades ao longo destas sete convocatorias: Aigües de Barcelona Empresa Metropolitana de Gestió del Cicle Integral de L’aigua, S.A., Aigües i Sanejament D’Elx, S.A., Anuscheh Missaghian Schirazi, S.L., Axa Seguros Generales, S.A., de Seguros y Reaseguros, Banco de Crédito Social Cooperativo, S.A., Baxter, Caja Mar Cajarural, Centro de Formación AFS, S.L., Consum S. Coop. V, Escuela Andaluza de Salud Pública, S.A., Federación Provincial de Empresas del Metal y Nuevas Tecnologías de Las Palmas, Formación Y Mantenimiento Técnico, S.A., J & A Garrigues, S.L.P., Mapfre, S.A., Montserrat Villalba Ruiz, S.L., Pavapark Movilidad, S.L., Pavasal Empresa Constructora, S.A., Saint-Gobain Placo Ibérica, S.A., Sociedad Mixta del Agua Jaén, S.A. e Unilever España, S.A.

O distintivo convócase anualmente e ten unha vixencia de tres anos. Cada ano o Instituto da Muller solicita ás entidades distinguidas un informe anual de actividades relacionadas coa igualdade para avaliar e constatar que manteñen o nivel de excelencia na materia.

Neste enlace pode consultarse a Orde SSI/814/2017, de 16 de agosto, pola que se concede o distintivo «Igualdade na Empresa» correspondente ao ano 2016.