Imprimir esta página
Merco publica o ránking de empresas con mellor reputación en España

Merco publica o ránking de empresas con mellor reputación en España

24 Mai 2017 |

(0 votos)
  • A galega Inditex ocupa o primeiro posto da clasificación por sexto ano consecutivo, seguida de Mercadona e Santander.
  • Os líderes mellor valorados son Juan Roig (Mercadona), Pablo Isla e Amancio Ortega (Inditex).

Merco, o monitor empresarial de reputación corporativa, publicou este mes de maio as súas clasificacións de Empresas e Líderes de 2017. En canto ás empresas con maior reputación en España, o podio corresponde a Inditex (1º), Mercadona (2º) e Santander (3º), que se manteñen estáticas nestas posicións desde 2013.   

A multinacional galega leva seis anos á cabeza deste listado. Nesta ocasión consegue 10.000 puntos, recibindo as mellores valoracións por parte de 111 analistas financeiros e 1.201 directivos empresariais. Os xornalistas económicos e os catedráticos de empresa colócana segunda. Ademais, no apartado de talento e empresas preferidas para traballar, Inditex tamén volve á primeira posición.

Relación entre empresa e líder

Juan Roig, de Mercadona, lidera o ránking, seguido dos grandes nomes de Inditex: o presidente Pablo Isla e Amancio Ortega, fundador e máximo accionista.

Os datos aportados polo monitor de líderes confirman a relación directamente proporcional entre as compañías máis reputadas e a valoración dos seus líderes. Así, 8 das 10 empresas con maior prestixio teñen os seus directivos entre os dez primeiros da clasificación. 

 

Ver Merco Empresas 2017

Ver Merco Líderes 2017