As XVI Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde celebraranse do 25 ao 27 de abril

As XVI Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde celebraranse do 25 ao 27 de abril

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta de Galicia, xunto coa Asociación de Graduados Sociais de Ferrol e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, organiza as XVI Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde, que se celebrarán en Ferrol os días 25, 26 e 27 de abril.

Estas xornadas  xirarán ao redor da prevención de riscos laborais (PRL), da que se fará unha evolución nos últimos 30 anos, desde 1987 a 2017. As temáticas principais desta edición serán os dereitos sociais, o emprego xuvenil, a innovación tecnolóxica na PRL e a prevención para distintas idades.

A organización acaba de publicar un adianto do programa, que conta coa representación da Administración galega a través da Secretaría Xeral de Emprego e o Servizo Galego de Saúde. Á espera do peche do programa por días, neste primeiro avance poden consultarse as ponencias que terán lugar, e que estarán a cargo de diversos profesores da UDC especializados en relacións laborais, representantes de sindicatos (UGT, CCOO, CIG) e outras entidades como as mutuas Asepeyo, Mutua Gallega, Fremap e MC Mutual.

As xornadas están dirixidas a traballadores e traballadoras das empresas galegas, estudantes e público en xeral. Terán lugar no Salón de Actos do Campus de Esteiro (Rúa Dr. Váquez de Cabrera, s/n), Ferrol. Neste adianto do programa pódese cubrir o boletín de inscrición, cuxo prazo remata o 15 de abril.