A Xunta salienta a súa aposta pola difusión da responsabilidade social empresarial entre as pemes para gañar competitividade

A Xunta salienta a súa aposta pola difusión da responsabilidade social empresarial entre as pemes para gañar competitividade

Imprimir Email
(0 votos)

• A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou en Santiago no acto "100 Jornadas Corresponsables", un encontro que se enmarca no I Foro Iberoamericano de Comunicación Responsable.

• Toca destacou que a Xunta é pioneira a nivel nacional na aposta pola RSE nas empresas para acadar “un verdadeiro emprego estable e de calidade”.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, inaugurou hoxe en Santiago o acto 100 Jornadas Corresponsables, un encontro que se enmarca no I Foro Iberoamericano de Comunicación Responsable, onde puxo en valor a aposta da Xunta pola difusión da responsabilidade social empresarial (RSE) entre as pemes, sinalando que a introdución deste modelo de xestión tradúcese “en iniciativas empresariais de éxito”. Ademais, apuntou que a Xunta aposta de xeito decidido pola aplicación da RSE nos procesos produtivos e nas políticas sociais da empresa, lembrando neste último eido que Galicia é pioneira a nivel nacional na aposta pola RSE para acadar “un verdadeiro emprego estable e de calidade”.

Para concluír, Toca indicou que “o éxito e o benestar dunha sociedade é inseparable da responsabilidade social das súas empresas” lembrando que xestionar empresas rendibles de forma ética xera maior produtividade, lealdade do cliente, acceso a mercados e credibilidade.

Na xornada celebráronse dúas mesas de debate. Na primeira, centrada na contribución da comunicación á RSE e aos ODS, participaron Tatiana Suárez, responsable de RSE de Abanca; Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa; e Marcela Domínguez, directora de Persoas de R. Todos coincidiron na importancia da comunicación da RSC e da atención aos grupos de interese, como os consumidores e os propios empregados.

A segunda mesa redonda estivo centrada no impulso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Nela participaron Andrés Pilas, director de negocio de Ambical; Carlos Rosón, director de Igaxes3; Marcos Torres, secretario do CERGI; y Suzana Mihalic, directora de Comunicación e Imaxe Corporativa da Fundación Barrié.

María Coutinho, subdirectora xeral de Relacións Laborais, clausurou a xornada avanzando a próxima posta en marcha, no marco da Axenda 20 para o Emprego, da Estratexia RSE 2017-2020 da Xunta de Galicia, que incluirá os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
agario