Santiago de Compostela acolle a 100 Xornada Corresponsables

Santiago de Compostela acolle a 100 Xornada Corresponsables

Imprimir Email
(0 votos)

A editorial experta en RSE,  Corresponsables,  celebra o vindeiro 28 de marzo en Santiago de Compostela a xornada "A comunicación responsable e os ODS", enmarcada nas 100 Xornadas Corresponsables que está celebrando este ano dentro do I Foro Iberoamericano de Comunicación Responsable e no que está presentando a 12ª edición do seu Anuario Corresponsables.  

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, colabora neste evento que servirá para afondar nas accións emprendidas en materia de RSE e nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Ademais, analizaranse as tendencias e desafíos da comunicación responsable. Esta é unha das ferramentas que todas as organizacións e grupos de interese teñen ao seu dispor para facer efectivo o cumprimento dos ODS de cara ao ano 2030.

Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego, será a encargada de inaugurar a xornada. Esta contará con dúas mesas de debate. A primeira estará centrada no eido empresarial, coa participación de representantes de Abanca, Gadisa e Euskaltel e a segunda mesa ofrecerá o punto de vista dos grupos de interese coa presenza da Administración, Ambical, Igaxes3 e o Cergi (USC). 

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A asistencia é gratuíta a través deste formulario de inscrición.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia