Aberto o prazo de matrícula do Curso Internacional de Especialista en: “Rendibilidade Empresarial da RSC” da Cátedra Internacional de RSC da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal 

Aberto o prazo de matrícula do Curso Internacional de Especialista en: “Rendibilidade Empresarial da RSC” da Cátedra Internacional de RSC da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal 

Imprimir Email
(0 votos)

As universidades da Fundación CEER de Santiago de Compostela, Minho, Porto (Porto Business School), Tras-os-Montes e Alto Douro, e a Cátedra Internacional RSC Santander Galicia - Norte de Portugal lanzan o Curso Internacional de Especialista en “Rendibilidade Empresarial da RSC/E”.

Esta formación conxunta de posgrao contará coa participación de profesorado especialista en responsabilidade social corporativa das cinco universidades participantes, así como de directivos de grandes multinacionais e das principais entidades do sector bancario, que exporán como desenvolven a RSC nas súas entidades. Tamén se convidarán diversos representantes políticos dos ámbitos da empresa, a industria e a Administración de Galicia e Portugal. 

O curso abordará a responsabilidade social empresarial desde todos os ámbitos: a sustentabilidade ambiental das organizacións, a comunicación empresarial e a creación da reputación corporativa, a normativa que deben aplicar as empresas, o deseño e implantación de plans estratéxicos de RS, a xestión operativa da empresa ética dos negocios, a xestión estratéxica da RSE e a internacionalización.

A implantación da RSE é o presente, polo que cada vez máis se fai necesario contar con responsables neste eido nas empresas e entidades, independentemente do seu tamaño. Neste sentido, o curso diríxese a empresarios e profesionais que desexen especializarse na materia. 

Duración do curso e matrícula

O curso será inaugurado o próximo día 30 de marzo e estenderase ata o 30 de setembro. Para ser compatible coa xornada laboral, as clases serán presenciais, completadas con sesións en liña. 

O curso ten un límite de 25 prazas e pódese realizar xa a preinscrición ou solicitar máis información no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prazo para realizar a matrícula permanecerá aberto ata o próximo 24 de marzo.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
agario