O Goberno de España promove o distintivo "igualdade na empresa"

O Goberno de España promove o distintivo "igualdade na empresa"

Imprimir Email
(0 votos)
  • O ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade recoñecerá aquelas empresas que destaquen polas súas políticas de igualdade
  • As entidades pasarán a formar parte da Rede DIE
  • As candidaturas poden presentarse ata o 28 de febreiro 

O ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade recoñecerá a aquelas empresas que destaquen pola aplicación de políticas de igualdade entre mulleres e homes nas condicións de traballo, nos modelos de organización e noutros ámbitos, coma os servizos, produtos e publicidade da empresa, tal e como o establece a Orde SSI/1996/2016, do 29 de decembro, pola que se convoca a concesión do distintivo "Igualdade na Empresa" correspondente ao ano 2016.

Pode presentar a súa candidatura calquera empresa ou entidade, de capital público ou privado, que exerza a súa actividad en territorio español. En canto ao tamaño, valoraranse de forma separada as pequenas e medianas empresas con respecto ás grandes, dada a gran diferenza existente entre os medios materiais e humanos dos que dispoñen estas en comparación coas pemes. 

As empresas que destaquen pola aplicación e implantación de políticas de igualdade serán merecedoras do distintivo e, ademais, pasarán a formar parte da Rede de empresas con distintivo "Igualdade na Empresa" (Rede DIE), que ten por obxectivo potenciar o intercambio de boas prácticas e experiencias en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no eido laboral, facéndoas públicas para o coñecemento da sociedade en xeral.  

A concesión do distintivo "Igualdade na Empresa" terá unha vixencia inicial de tres anos e será o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades o encargado de realizar o seguimento e control da aplicación e os efectos dos plans de igualdade que xustificaran a dita concesión.

O prazo de presentación de candidaturas remata o vindeiro 28 de febreiro. Máis información na web do ministerio.