Pechada a inscrición para participar en Responsabilízate

Pechada a inscrición para participar en Responsabilízate

Imprimir Email
(0 votos)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria pecha hoxe o prazo de recepción de solicitudes para participar no programa Responsabilízate tras cubrir o número máximo de prazas ofertadas, tal e como establecía a Resolución do 7 novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se modificaban as bases reguladoras para a selección de pequenas e medianas empresas ás que se prestarán servizos de asesoramento en materia de responsabilidade social empresarial a través do programa Responsabilízate.

As solicitudes recibidas serán atendidas por orde de entrada no Rexistro da Secretaría Xeral de Emprego. O Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral comprobará que as empresas cumpren os requisitos establecidos e poñerase en contacto coas entidades interesadas para que nun prazo de 10 días emende, de ser o caso, a falta dalgunha información.

A día de hoxe están cubertas todas as prazas ofertadas polo que se procederá a comunicárllelo ás empresas admitidas. A listaxe destas tamén se fará pública, mediante resolución, a través da nosa web rse.xunta.gal. Aquelas empresas que quedaran sen praza nesta edición do programa Responsabilízate serán incluídas nunha bolsa para futuras actuacións en materia de RSE.