Máis de 100 empresas participarán no programa Responsabilízate promovido pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia

Máis de 100 empresas participarán no programa Responsabilízate promovido pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia

Imprimir Email
(0 votos)
  • Responsabilízate nace cunha filosofía de colaboración empresa- administración, que busca promover a autonomía da peme en materia de RSE.
  • O programa consta de dúas fases consecutivas: a primeira de diagnose da RSE e formación, e a segunda de definición do plan de acción e implantación das primeiras accións de RSE. 
  • Para a súa execución contarase coa colaboración de axentes recoñecidos e expertos da RSE como Forética ou Dircom.

Un total de 130 pemes galegas presentaron a súa solicitude para participar no programa Responsabilízate, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Emprego que pretende orientar as empresas para diagnosticar o seu estado de avance na RSE, así como promover a implantación desta como parte do seu modelo de negocio, cun acompañamento real a través da figura dun titor ou titora que facilite este labor.

Responsabilízate nace cunha filosofía de colaboración empresa - administración, que busca garantir o aprendizaxe da peme e promover a súa autonomía unha vez finalizado o servizo. Orientado á consecución de resultados tanxibles, o programa desenvólvese co acompañamento dun experto cuxa misión é inspirar, motivar, formar e acompañar na execución. 

Fases do programa

O programa desenvolverase en dúas fases consecutivas. Primeiro terá lugar etapa de diagnose do estado da RSE e a formación. Na segunda definirase o plan de acción e implantación das primeiras accións de RSE.

A primeira fase centrarase na identificación dos factores que definan a capacidade de competir no mercado da peme, reflexionando sobre o alcance e impacto da RSE na empresa. Isto implica a definición ou revisión da cultura organizativa, a estrutura de negocio, os procesos, os produtos e servizos ou a competencia. Así mesmo, identificaranse os grupos de interese e concretarase unha autodiagnose nunha tripla perspectiva a través das ferramentas da Xunta de Galicia (Xunta PRO-RSE e medición do impacto económico) e a ferramenta Dircom 2R. Todo este traballo plasmarase nun informe de diagnose final. Ao longo desta fase as pemes tamén poderán formarse na RSE a través de sesións presenciais e o acceso a unha plataforma de teleformación en liña.

A segunda fase centrarase na elaboración e implantación do plan de acción da RSE. Deste xeito, definiranse as liñas de actuación e a identificación das accións de RSE prioritarias, seleccionaranse aquelas de implantación temperá e realizarase un seguimento e avaliación dos resultados.

Responsabilízate ofrecerá un programa personalizado e adaptado ás necesidades e circunstancias de cada empresa, para facer do galego un tecido máis responsable ao tempo que rendible e competitivo.

Empresas admitidas

  • Resolución do 30 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica a listaxe das empresas admitidas.

  • Xunta de Galicia
    Turismo de Galicia
    agario