GREG_RSE

A Xunta de Galicia, pioneira a nivel nacional na aposta pola responsabilidade social, creou en 2012 o Grupo de Representación Empresarial Galego en materia de RSE, co fin de comunicar e sentar as bases de como facer RSE en Galicia.

Obxectivos do grupo
  • Posicionar as empresas galegas como un referente en RSE.
  • Afondar nos contidos prácticos da RSE.
  • Establecer as bases para a implantación a grande escala da RSE nas pemes.

As empresas do Grupo

En xuño de 2017 a Xunta asina a renovación da colaboración coas 13 grandes empresas galegas do Grupo. Estas renovan así o compromiso coa Administración autonómica para impulsar a responsabilidade social no tecido empresarial galego, comunicando e sentando as bases de como facer RSE en Galicia.

Na actualidade o GREG_RSE está formado por Congalsa, Feiraco, Gadisa, Grupo Calvo, Grupo Ingapan, Grupo Puentes, Hijos de Rivera, Inditex, Martín Códax, R, Velgalsa Eroski, Premium Mix Group e Profand.

Foto de grupo da reunión do 26 de xuño de 2017 (de esquerda a dereita): Antonio Viejo Puga, director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera; Roberto Tojeiro Rodríguez, presidente Conselleiro Delegado de Gadisa; Alberto Cabadas Avión, director de Planta de Premium Mix Group; Juan Vázquez Gancedo, director xeral de Martín Códax; Alfredo Ramos González, director xeral de R; Marcela Domínguez Blanco, responsable de Relacións Laborais e Xestión de Persoas de R; José Luis Calvo Pumpido, presidente de honra de Grupo Calvo; Joaquín González Iglesias, director xeral de Vegalsa; Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Victoria Sánchez Jiménez, directora de RSC e Comunicación de Grupo Calvo; Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego; María Coutinho Villanueva, subdirectora xeral de Relacións Laborais; Ana Piñeiro Neira, directora de Recursos Humanos de Ingapan; David Veiga Moares, director xeral corporativo de Grupo Puentes; Sonia González Somoza, directora de Persoas e RSC de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN); Gabriela González Márquez, drectora de RSC de Vegalsa; Luis Miguel Simarro Espla, director xeral de Congalsa; Rafael Martínez Fernández, director de Recursos Humanos de Grupo Profand; e Juan Carlos Rama Bermúdez, director de Recursos Humanos de Congalsa.

Tutela para pemes

As grandes empresas galegas do GREG_RSE funcionan como titoras de diversas pemes, asesorándoas e acompañándoas no proceso de implantación da RSE na xestión do seu negocio.

Ata o de agora, o Grupo titorizou a unha vintena de pequenas e medianas empresas. Algunhas das que puideron beneficiarse desta iniciativa pioneira foron Aceites Abril, Clesa, Casa Castelao, Casa y Algodón Mi Casa, Cofrico, Grupo Josmar, Grupo Star, Horsal, Innolact, Instra Ingenieros, IP Global, Reclam Publicidad, Seguridad y Planificación Galicia, Seguridade A1, Teófilo Comunicación, Kemegal Químicos, Combina Social, Galega de Economía Social e Dixardín.

Xunta de Galicia
Turismo de Galicia