Creación espazos saudables

imprimir

Descrición

Creamos espazos para facer actividades físicas e mentais e para aumentar a conciencia medioambiental, zonas de descanso e zonas de formación para condutores. Consideramos o exercicio fisico e mental básico para contribuír a un desenvolvemento saudable do equipo humano. Pretendemos reducir enfermidades, o absentismo e incrementar a motivación, a ilusión e a integración da actitude positiva na convivencia laboral na procura dun benestar integral da empresa que redunde en última instancia na mellora económica de todos.

Impacto

Aumento de beneficios económicos entre os empregados por redución de custos no consumo de auga, electricidade, papel e plásticos e médicos. Aumento da formación e da motivación así como mellora da convivencia laboral e da produtividade na actividade que se leva a cabo.

Empresa: Semacar
Sector: Transporte
Tamaño: 35 empregados
Web: www.semacar.com