Imprimir esta página
Encontro Responsabilízate Pontevedra

Encontro Responsabilízate Pontevedra

09 Xaneiro 2023 |

(0 votos)

O próximo día 19 de xaneiro ás 12:00 horas dará comezo na Confederación de Empresarial de Pontevedra a xornada na que se presentará o Programa Responsabilízate e abordaranse os Retos ASG que enfrontan grandes e pequenas empresas.

Participarán no acto Jorge Cebreiros, presidente da Confederación Empresarial de Pontevedra; Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais; Daniel Domínguez, xerente en Valora e responsable do programa; José Luis Madrid, CEO de Sicasoft -empresa que leva a xestión da ferramenta Xunta PRO RSE-, e representantes de grandes empresas e pemes participantes no programa.

A primeira exposición, un exemplo de boas prácticas, será levada a cabo por Alberto Cuiña, Consejero Delegado de lnasus, e David Castro, director de persoas e cambio de lnasus, empresa participante no programa Responsabilízate. A segunda exposición, dun caso de éxito dunha gran empresa, será exposto por un representante da compañía de Marine lnstruments.

Podes formalizar a túa inscrición na seguinte ligazón: Formulario de lnscrición Xornada 19.01.2023 - Responsabilízate (office.com)

Esta xornada celébrase no marco do programa Responsabilízate que asesora  gratuitamente ás pemes para apoialas na súa necesaria adaptación ás obrigas da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Vai dirixido ao tecido empresarial galego a través das súas pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros. 

Os servizos incluídos no programa inclúen un diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento  dunha folla de ruta para a súa implementación, na que contará co apoio do equipo de consultores do proxecto. As inscricións ao programa están abertas e pódense facer a través da sede electrónica da Xunta de Galicia nesta ligazón.

 

 Encontros responsabilízate