Imprimir esta página
Encontro Responsabilízate Lugo

Encontro Responsabilízate Lugo

13 Xaneiro 2023 |

(0 votos)

O próximo día 2 de febreiro ás 12:00 horas na Confederación de Empresarios de Lugo dará comezo a xornada na que se presentará o Programa Responsabilízate e abordaranse os Retos ASG que enfrontan as grandes e pequenas empresas.

Participarán no acto Jaime Luis López, secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo; a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha; Daniel Domínguez, xerente en Valora e responsable do programa; José Luis Madrid, CEO de Sicasoft, empresa que leva a xestión da ferramenta Xunta PRO RSE, e representantes de grandes empresas e pemes participantes no programa.

A primeira exposición, un exemplo de boas prácticas, será levada a cabo por Luis García da empresa Garmir, participante no programa Responsabilízate. A segunda exposición, dun caso de éxito dunha gran empresa, será exposto por Amalia Fernández, asesora legal da compañía  Pescados Rubén.

Podes formalizar a túa inscrición na seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/YJaJ0sWkgW

Esta xornada celébrase no marco do programa Responsabilízate, de asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes na súa necesaria adaptación ás obrigas da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Vai dirixido ao tecido empresarial galego a través das  pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.  Os servizos do programa inclúen un diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que contará co apoio do equipo de consultores do proxecto. As inscricións ao programa están abertas pódense facer a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta ligazón.