Imprimir esta página
Encontro Responsabilízate Ourense

Encontro Responsabilízate Ourense

09 Novembro 2022 |

(0 votos)

ESTAMOS PREPARADOS PARA O NOVO ESCENARIO?

 

RETOS ASG DE GRANDES E PEQUENAS EMPRESAS

O próximo día 24 de novembro, as 12 horas, na Confederación Empresarial de Ourense, dará comezo a xornada na que se presentará o Programa Responsabilízate e abordaremos os Retos ASG que enfrontan grandes e pequenas empresas.

Participarán no acto Marisol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense; a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha; Daniel Domínguez, xerente en Valora e responsable do programa, e representantes de grandes empresas e pemes participantes no programa.

A primeira exposición, dun exemplo de boas prácticas, será levada a cabo por un representante da organización Mybox Experience, empresa participante no programa Responsabilízate. A segunda exposición, dun caso de éxito, será exposto por María José Fernández, directora de recursos humanos e desenvolvemento de persoas en Grupo Cuevas.

Podes formalizar a túa inscrición, clicando na seguinte ligazón: https://forms.office.com/r/WeHiWNMYhv

Esta xornada celébrase no marco do programa Responsabilízate, un programa de asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes na súa necesaria adaptación ás obrigacións da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Vai dirixido ao tecido empresarial galego a través das súas pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros. Os servizos incluídos no programa inclúen un diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que contará co apoio do equipo de consultores do proxecto. As inscricións ao programa están abertas pódense facer a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta ligazón https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR320B&ano=2021&numpub=1.