A Xunta mantén abertas as inscricións do programa Responsabilízate

A Xunta mantén abertas as inscricións do programa Responsabilízate

Imprimir Email
(0 votos)

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou o seminario web, no que tomaron parte máis de 120 persoas, para a presentación do programa Responsabilízate, que promove o seu departamento para axudar a unhas 180 empresas galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade.

O programa asesorará de xeito gratuíto ás firmas participantes en materia de responsabilidade social empresarial (RSE) co obxectivo de apoiar ás pemes a incorporar criterios sostibles na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, entre outros. A actuación, ademais, inclúe o acompañamento na aplicación de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades.

“Anímovos a participar, para que as vosas organizacións poidan converterse en pouco tempo en empresas socialmente responsables, e con isto máis competitivas e sustentables, poñendo o seu gran de area para facer o tecido produtivo galego máis forte, resiliente e preparado para os retos que a economía actual está xa anunciando”, destacou a directora xeral de Relacións Laborais.

Tal e como relatou Mancha, a aplicación de criterios de RSE na empresa reporta beneficios que incrementan a súa capacidade innovadora, a eficiencia de procedementos e baixa dos custos, unha maior xestión de crises ou a fidelidade tanto do persoal como da clientela, entre outros. Cara ao exterior, contribúese a mellorar a reputación das firmas, así como a abrir novas oportunidades de negocio, reducir riscos e mellorar as relacións coas comunidades locais.

“Con este programa queremos reforzar a competitividade das pemes nun contexto de transformación no que prácticas como a xestión responsable das persoas, o desenvolvemento de condutas éticas nas cadeas de subministración, ou a adaptación a unha economía baixa en carbono son claves para o posicionamento empresarial”, concluíu a directora xeral.

A continuación, o socio director de Valora Consultores, Senén Ferreiro, falou da competitividade da nova economía e compartiu cos asistentes virtuais as vantaxes que ten integrar na estratexia e xestión das empresas os criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza).

Antes de finalizar o webinario, o responsable do programa Responsabilízate por parte da empresa adxudicataria do servizo, Daniel Domínguez, presentou os detalles da iniciativa subliñando os servizos que inclúe, o programa formativo e o sistema de inscrición.

Proceso de inscrición

As inscricións ao programa Responsabilízate poderanse facer a través da sede electrónica da Xunta, onde o prazo permanecerá aberto ata completar as 180 prazas previstas. As empresas interesadas poden ampliar a información a través da oficina técnica do programa a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..