Imprimir esta página
O programa Responsabilízate axudará ás pemes galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade

O programa Responsabilízate axudará ás pemes galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade

19 Abril 2022 |

(0 votos)

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa Responsabilízate, unha iniciativa que ofrece asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes a incorporar criterios sostibles na súa xestión a través da aplicación de valores ambientais, sociais e de gobernanza, entre outros, así como no desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). A actuación, ademais, inclúe o acompañamento na aplicación de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades.

Responsabilízate vai dirixido ao tecido empresarial galego, a través das súas pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.

Con esta iniciativa, se persegue que as empresas sexan máis competitivas, facilitando a súa adaptación ás esixencias dos grandes clientes, do mercado de consumo e das novas obrigas sociais e administrativas. Para iso, o programa incorpora un diagnóstico individualizado, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de asesores expertos, e o desenvolvemento dunha folla de ruta para cuxa implementación contará co apoio dun equipo de consultores.

Claves para a competitividade

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, xunto cun equipo de consultores, presentará o próximo 28 de abril ás 11.00 horas o programa nun webinario, onde se profundará nas novas claves para a competitividade empresarial

As inscricións ao programa Responsabilízate poderanse facer a través da sede electrónica da Xunta. A inscrición permanecerá aberta ata completar o número de prazas máximo. Os interesados poden ampliar a información a través da oficina técnica do programa no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..   

Con esta actuación, a Xunta reforza o seu compromiso de apoio ao tecido empresarial, impulsando a súa competitividade nun contexto de transformación no que as boas prácticas, como a xestión responsable das persoas, a adaptación a unha economía baixa en carbono, ou o desenvolvemento de conductas éticas na cadea de subministración, son claves para o posicionamento das empresas.