Arranca o curso de formación en habilidades dixitais para mulleres emprendedoras

Arranca o curso de formación en habilidades dixitais para mulleres emprendedoras

Imprimir Email
(0 votos)

Un total de 14 emprendedoras beneficiarias do programa Emega para o fomento da iniciativa empresarial feminina recibirán formación en habilidades tecnolóxicas para encamiñar os seus proxectos de emprendemento cara ao mundo dixital.

A través da iniciativa Emegas XXI: Mulleres desenvolvedoras web, a Xunta confía en que as emprendedoras poidan acceder a novos coñecementos dixitais que lles permitan ampliar as súas perspectivas de negocio. A formación, que durará ata o 14 de maio, consta de 160 horas lectivas nas que as alumnas recibirán unha introdución ao uso de ferramentas tecnolóxicas, linguaxes informáticas e de programación e incluso nocións de deseño gráfico.

O curso formativo, de carácter eminentemente práctico e cunha financiación autonómica de 18.000 euros, correrá a cargo de profesionais expertos en enxeñaría técnica, formación e xestión documental. As participantes contarán cun servizo inicial de mentorización e acceso a clases gravadas e titorías individuais en remoto.