Últimos días de prazo para solicitar as axudas do 4º Plan de Rescate da Xunta

Últimos días de prazo para solicitar as axudas do 4º Plan de Rescate da Xunta

Imprimir Email
(0 votos)

O vindeiro luns, 29 de novembro, remata o plazo de solicitudes do 4º Plan de Rescate da Xunta de Galicia. Esta orde de axudas está dirixida a persoas traballadoras autónomas e empresas galegas afectadas na súa actividade pola crise sanitaria. 

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que tributen por módulos, que recibirán un máximo de 3.000 euros; así como o resto de persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas que teñan unha caída do volume de facturación de mais dun 30% no ano 2020 respecto do 2019. Neste último caso as axudas oscilarán entre un mínimo de 4.000 euros e un máximo de 200.000 euros. 

Podes consultar as bases completas deste apoios no Diario Oficial de Galicia do 28 de outubro de 2021.