Emprego e Igualdade dedica o 4% do orzamento ao impulso da conciliación e a igualdade laboral

Emprego e Igualdade dedica o 4% do orzamento ao impulso da conciliación e a igualdade laboral

Imprimir Email
(0 votos)

A Consellería de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe no Parlamento de Galicia as liñas estratéxicas da actividade deste departamento do goberno galego para o ano 2022. Deste xeito, a igualdade sitúase como obxectivo transversal de todas as súas actuacións. Esta materia estará presente na decidida loita da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero, na promoción da non discriminación e mesmo nun programa específico, o Emprega Muller, para apoiar a formación e o impulso do talento feminino na comunidade.

Ademais, destinarase á conciliación o 4% dos seus 380 millóns de euros de orzamento, con especial atención á igualdade laboral nas empresas e á corresponsabilidade no fogar, así como a mellora da formación e as oportunidades laborais do colectivo feminino, identificado como prioritario pola administración galega.

Impulsando o emprego feminino

Durante a súa intervención, Lorenzana detacou o plan Emprega Muller, con medidas de discriminación positiva e programas exclusivos para mulleres. Con estes intensificaranse os apoios á formación e o impulso do talento feminino no mercado de traballo.

Algunhas das novidades para o novo ano serán a mellora das capacidades dixitais de mulleres residentes no medio rural, programas integrados de emprego exclusivamente femininos, unidades formativas para empresas con poucas mulleres nos seus cadros de persoal ou incentivos á contratación e o relevo xeracional. Desta forma ofrecerase desde a Xunta "unha oportunidade laboral ás mulleres galegas e impulsarase o liderado feminino".