Imprimir esta página
As pemes e persoas autónomas galegas xa poden anotarse na 3ª edición de Responsabilízate

As pemes e persoas autónomas galegas xa poden anotarse na 3ª edición de Responsabilízate

07 Setembro 2021 |

(1 Votar)

A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso coa igualdade e a responsabilidade social empresarial cunha nova edición do programa Responsabilízate, unha iniciativa que xa axudou a preto de 300 empresas galegas a mellorar e avanzar nas súas actuacións de RSE nas súas dúas anteriores edicións.

Con esta terceira convocatoria, que conta cun orzamento de 520.201 euros, o goberno galego espera poder chegar a asesorar arredor de 160 pemes e persoas traballadoras autónomas na implantación de medidas de responsabilidade social ao mesmo tempo que se fomenta no seo destas empresas a igualdade de oportunidades e o talento feminino.

Requisitos

Poderán participar nesta terceira edición todas aquelas pequenas e medianas empresas ou persoas traballadoras autónomas que teñan o domicilio social en Galicia ou conten con algunha sede ou centro de traballo na nosa comunidade e, ademais, cumpran o establecido no artigo 2.b da bases reguladoras.

Fases do programa

As empresas beneficiarias optarán aos seguintes servizos:

  1. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE)
  2. Asesoramento e formación
  3. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE, a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida

Solicitude e prazo

As bases desta edición están publicadas no Diario Oficial de Galicia do 6 de setembro de 2021, nas que se establece que o prazo comeza hoxe, 7 de setembro, e se realizará de forma obrigatoria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O tempo para a presentación de solicitudes rematará cando se acade o máximo número de prazas segundo a dispoñibilidade orzamentaria. Unha vez pechado o prazo, será comunicado a través da nosa web.