Imprimir esta página
Ampliado o prazo de solicitudes das axudas do 3º Plan de Rescate ata o 30 de setembro

Ampliado o prazo de solicitudes das axudas do 3º Plan de Rescate ata o 30 de setembro

13 Xullo 2021 |

(0 votos)

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a modificación da orde que regula as bases do 3º Plan de Rescate para permitir que o orzamento chegue a unha maior cantidade de persoas traballadoras autónomas e empresas afectadas pola pandemia da COVID-19. O prazo de solicitudes manterase aberto ata o vindeiro 30 de setembro.

Esta decisión está baseada no reducido número de solicitudes en relación aos dous plans anteriores, a pesares dos esforzos da Xunta de Galicia por simplificar o proceso de solicitude, xa que as cargas burocráticas impostas polo Real Decreto que regula as axudas directas para xestionar desde as comunidades autónomas están a disuadir ou imposibilitar o acceso ás mesmas por gran parte do tecido empresarial galego.

As principais modificacións nas bases deste 3º Plan de Rescate establecidas polo goberno galego son a baixada do criterio da caída da facturación, que se reduce desde o 40% inicial ata o 30%, e que firmas de calquera sector poden resultar beneficiarias.

Así mesmo, pode consultarse o texto completo desta modificación nesta ligazón.