Imprimir esta página
O DOG publica a actualización da convocatoria de axudas de igualdade, conciliación e RSE

O DOG publica a actualización da convocatoria de axudas de igualdade, conciliación e RSE

27 Mai 2021 |

(0 votos)

O Diario Oficial de Galicia do 27 de maio de 2021 publica a corrección de erros da Orde do 26 de abril pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE). Segundo o DOG, á convocatoria inicial cómpre indicar as seguintes correccións: 

Na páxina 23267, onde di: «As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa. O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina. Este incremento non será aplicable a aquelas empresas que xa o obtivesen noutras convocatorias».

Debe dicir: «As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa. O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina».

Lembramos que a convocatoria para pedir estas tres liñas de axudas segue aberta e poderán enviarse solicitudes ata o vindeiro 10 de xuño.