Imprimir esta página
Éxito de participación no primeiro curso da Xunta sobre os rexistros retributivos

Éxito de participación no primeiro curso da Xunta sobre os rexistros retributivos

12 Mai 2021 |

(0 votos)

A primeira edición da formación práctica da Xunta de Galicia sobre como facer un rexistro retributivo foi todo un éxito coa participación de 500 persoas, cubrindo o total das prazas ofertadas.

Durante a inauguración desta sesión, a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, expuxo que as pretensións deste webinario son clarificar as obrigas das empresas referentes ao rexistro salarial, unha cuestión que afecta a todo tecido empresarial sen distinción no número de traballadores.

Mancha subliñou que o que se busca con este curso é que as organizacións elaboren de forma correcta este documento para extraer datos que permitan dar a coñecer as posibles desigualdades salariais entre mulleres e homes. En palabras da directora xeral: “O obxectivo principal é que as empresas tomen conciencia e adopten medidas que eliminen de xeito progresivo a fenda salarial”.

Próxima edición

A segunda edición deste webinar terá lugar o vindeiro martes, 18 de maio. Podes inscribirte ata o 14 de maio e atopar máis información sobre esta segunda sesión aquí.