Imprimir esta página
Tes ata o 14 de maio para inscribirte no 2º webinar práctico de rexistro retributivo

Tes ata o 14 de maio para inscribirte no 2º webinar práctico de rexistro retributivo

05 Mai 2021 |

(0 votos)

A Xunta de Galicia ofrece unha nova edición do webinar Rexistro retributivo nas empresas, unha formación en liña pensada para explicar ás empresas dunha forma práctica e dinámica como elaborar o citado documento. Esta sesión terá lugar o vindeiro martes, 18 de maio, en horario de tarde, de 16:30 a 18:30 horas.

Ao igual que na primeira edición, as persoas participantes recibirán toda a información necesaria para o cumprimento do RD 902/2020, que desenvolveu o RDL 6/2019, que require ás empresas a elaboración dun rexistro retributivo con inclusión dos valores medios dos salarios, complementos salariais e percepcións extra salariais desagregados por sexos, e a obtención das medias aritméticas e as medianas.

A encargada de abrir a sesión será Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais.

Inscricións

O prazo para anotarse estará aberto ata o 14 de maio e o rexistro será por orde de inscrición. Se tes interese en participar, podes apuntarte no formulario que atoparás aquí.