Ampliado ata os 96 millóns de euros o 2º plan de rescate da Xunta de Galicia

Ampliado ata os 96 millóns de euros o 2º plan de rescate da Xunta de Galicia

Imprimir Email
(0 votos)

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a ampliación do orzamento do 2º plan de rescate da Xunta de Galicia activado o pasado mes de febreiro para aportar liquidez ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecementos hostaleiros e doutra natureza afectados polos peches debidos a criterios sanitarios. 

Así, o goberno galego engade 21 millóns de euros a estes apoios, que contaban inicialmente con 75 millóns, coa fin de poder chegar á práctica totalidade das solicitudes que cumpran os requisitos. Este esforzo económico por parte da Xunta de Galicia ten o obxectivo de poder garantir a actividade dos negocios e, polo tanto, os postos de traballo asociados, e seguir aportando liquidez a aqueles sectores máis afectados pola crise sanitaria.

3º plan de rescate

O deseño do terceiro plan xa está avanzado pola Xunta de Galicia, que prevé activar con 234 millóns de euros comprometidos polo goberno central para a nosa comunidade. Esta futura acción quere seguir aplicando o compromiso de que todas as empresas que sufriran unha baixada na facturación poidan beneficiarse dun apoio económico que lles permita seguir coa súa actividade.

Tal e como se viu facendo cos dous primeiros plans de rescate, a administración galega quere pagar canto antes as axudas, polo que xa se están a buscar fórmulas que permitan anticipar o 80% das axudas simplemente mediante declaración responsable das persoas solicitantes.

Podes atopar más información ao respecto no Diario Oficial de Galicia de hoxe, venres 30 de abril de 2021