A nova edición do programa "Responsabilízate" incluirá asesoramente ás pemes para a implantación de medidas de igualdade

A nova edición do programa "Responsabilízate" incluirá asesoramente ás pemes para a implantación de medidas de igualdade

Imprimir Email
(0 votos)

A Xunta convocará este ano unha nova edición do programa Responsabilízate que ademais de ofrecer asesoramento gratuíto e personalizado ás pequenas e medianas empresas galegas sobre Responsabilidade Social Empresarial (RSE) incluirá tamén asesoramento para a aplicación de medidas para fomentar a igualdade de oportunidades e impulsar o talento feminino. Responsabilízate ofrecerá, polo tanto, ao tecido empresarial galego un servizo de titorización para a diagnose, formación e posta en marcha de plans no ámbito da RSE e da igualdade.

Tal e como xa anunciou a directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade, Elena Mancha, taballase no fomento de medidas para que as empresas galegas aposten por unha xestión rendible de forma ética, xa que xera maior produtividade, lealdade do cliente, acceso a mercados e credibilidade. A evolución demostra que Galicia ten a capacidade para crecer con valores priorizando o emprego de calidade, o benestar social e económico e o medio ambiente.

Así, Responsabilízate trata de dar ás empresas un servizo para estudar a posibilidade de implantación da RSE na súa xestión, analizando, para iso, o estado, potencial competitivo e situación da RSE na súa compañía, formación para afondar no coñecemento e ferramentas nesta materia, así como axuda para a definición dun plan de acción, implantación e primeiras accións na materia. A igualdade de oportunidades e a RSE contribúen á mellora da competitividade e á calidade das empresas.

O Goberno galego conta cunha estratexia propia de RSE cuxo obxectivo é mellorar a xestión da Responsabilidade Social ao longo dos dous próximos anos. Para iso, estanse a impulsar novas actuacións como programas de titorización e formación ou a creación dun centro virtual de coñecemento a través do cal se poña a disposición das empresas unha contorna de teleformación.

Crearanse, así mesmo, oficinas de asesoramento en materia de RSE nas catro provincias galegas a través das cales se desenvolverán actividades de divulgación como charlas, obradoiros telemáticos, encontros con expertos, asesoramento personalizado e actuacións de dinamización con sectores e asociacións.

As pemes, ademais, xa contan cunha ferramenta gratuíta de autodiagnose (Xunta pro RSE) que permite avaliar as actuacións en materia socio-laboral, ambiental e económica, seguindo estándares nacionais e internacionais nesta materia. Existe, por outra banda, unha oficina de asesoramento en materia de RSE.

Igualdade

En materia de igualdade, a Xunta apoia ás entidades locais galegas na promoción da igualdade con 1,5 millóns de euros este ano. Este programa permitiu en 2020 o desenvolvemento de 250 actividades de conciliación que chegaron a 4.796 pais e nais e a 5.922 nenos e nenas. En 2021 tamén convocaranse as axudas para impulsar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial nas empresas con 1,6 millóns, con incentivos para o fomento do teletraballo e a flexibilidade horaria e financiamento para a adquisición de equipos informáticos para garantir o dereito á conciliación.