A Xunta continúa traballando para protexer ás persoas traballadoras autónomas ante o contaxio da Covid-19

A Xunta continúa traballando para protexer ás persoas traballadoras autónomas ante o contaxio da Covid-19

Imprimir Email
(0 votos)

A Responsabilidade Social atinxe a todos os traballadores e a todos os aspectos incluida a protección fronte a Covid-19. Así a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou, un convenio de colaboración coas tres asociacións que en Galicia representan ao colectivo das persoas traballadoras autónomas para avanzar no deseño de actuacións que permitan reforzar a prevención contra a covid-19 nos centros de traballo destes profesionais e garantan asesoramento técnico multidisciplinar para conseguir espazos seguros e de confianza. O documento foi asinado, ademais da conselleira, polo presidente da Asociación intersectorial e interterritorial dos autónomos e pequenas empresas de Galicia (APE-Galicia), José Ramón Caldas; e polos seus homólogos da Asociación de Trabajadores Autónomos da Comunidade galega (ATA), Rafael Granados; e da Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar), Eduardo Abad.   En virtude do convenio, a Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) comprométese a prestar asesoramento técnico, informar e sensibilizar ao colectivo das persoas autónomas sobre o risco de transmisión do coronavirus e as medidas a adoptar para evitar a súa propagación nos lugares de traballo. Neste sentido, revisaranse os protocolos específicos de cada actividade e se acompañará aos profesionais na implementación de medidas organizativas e de hixiene. Parte do traballo permitirá avaliar o nivel de preparación dos establecementos nesta fase da covid-19 e promover recomendacións preventivas. O obxectivo último destas e outras actuacións non é outro que o de garantir espazos seguros e formas de traballar axeitadas para mellorar a actividade económica e xerar confianza. As actuais medidas sanitarias e a evolución da pandemia obrigan a non baixar a guardia. Neste sentido, o ISSGA contribuirá a actualizar e revisar as recomendacións preventivas de saúde laboral para os diversos sectores. Por medio da unidade multidisciplinar de referencia da Covid-19 -recentemente creada e integrada por especialistas en hixiene industrial e saúde no traballo, seguridade, ergonomía e psicosocioloxía aplicada- axudarán aos profesionais a identificar medidas para cada actividade e revisar os seus protocolos específicos. No marco de colaboración hoxe acadado, Xunta e autónomos establecerán unha canle directa de diálogo que permita dar resposta ás consultas dos profesionais en relación coa adaptacións dos espazos de traballo, a sinalización axeitada, o uso de máscaras e equipos de protección e outras medidas preventivas. Coa sinatura de hoxe, o Goberno autonómico da resposta ás demandas do colectivo das persoas traballadoras autónomas en relación coa xestión da prevención do risco de transmisión por coronavirus na contorna laboral e, de xeito especial, nos centros e lugares onde se desenvolve a súa actividade. Aténdense, porén, as novas necesidades e demandas singulares fronte a Covid-19, con atención ás indicacións das autoridades sanitarias.