Imprimir esta página
Máis de 500 negocios galegos reciben axudas para impulsar novas fórmulas de comercialización

Máis de 500 negocios galegos reciben axudas para impulsar novas fórmulas de comercialización Destacado

04 Setembro 2020 |

(0 votos)

Máis de 500 negocios xa están actualizando os seus recursos grazas as axudas de preto de 4 millóns de euros que vén de conceder a Xunta para o impulso á innovación, a dixitalización e as novas fórmulas de comercialización. Avanzar e adaptar os negocios, e postos de traballo, as novidades é unha das bases do desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial.

 

En total están orzamentados máis de 6 millóns de euros para este programa que impulsa a adaptación ao actual contexto económico e aos novos hábitos dos consumidores, apoiando o comercio de proximidade para que mellore e incremente os servizos que se prestan á clientela a través de diferentes canles, con axudas para páxinas web comerciais, ferramentas de márketing 4.0, mellora da imaxe dixital, xestión de redes sociais e implantación de ferramentas de xestión.

 

Tamén se conceden a través desta orde axudas para a modernización e adaptación de locais comerciais; a expansión comercial, coa apertura de novos establecementos; novas fórmulas de comercialización e a adquisición de equipamento ou ferramentas que melloren o produto final.

 

Así, en concreto, apóianse máis de 1000 iniciativas de dixitalización comercial, que desenvolven 444 comerciantes e artesáns; 71 proxectos de modernización integral dos locais; 67 de adquisición de equipamentos; así como 18 proxectos de expansión comercial e 5 proxectos pop up.

 

Un dos establecementos que recibiu estas axudas é o situado no casco histórico compostelán: La Curiosa, que presenta unha oferta centrada na venda de conservas de marca propia e viños que complementa coa realización de catas e degustacións. Neste ano ten realizado unha decidida aposta pola súa imaxe física e dixital, poñendo en marcha no marco deste programa diferentes actuacións de mellora da venda on line, marketing 4.0, xestión de redes sociais, interiorismo e decoración.