A creación de emprego de calidade é a base para manter unha Galicia competitiva e igualitaria

A creación de emprego de calidade é a base para manter unha Galicia competitiva e igualitaria

Imprimir Email
(0 votos)

 

Na presentación do proxecto Emprende Makers que busca fomentar a creación de empresas innovadoras impulsadas pola mocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, incidiu na importancia de que a vía para a creación de emprego é escoitar propostas e atender as necesidades reais axustadas ao contexto actual. Neste acto tamén puso en valor os apoios da Xunta dirixidos a emprendedores, que se complementan coas axudas destinadas a pequenas e medianas empresas e a profesionais autónomos, para ofrecer acceso ao crédito, facilitar a conciliación laboral e familiar, a contratación ou a innovación.

 

 

 

A responsable de emprego destacou o apoio da Xunta a este tipo de proxectos que buscan o desenvolvemento de ferramentas que perfilen a creación dun ecosistema emprendedor aproveitando as ferramentas da Industria 4.0. En palabras da secretaria xeral de Emprego, o fin último é a creación de emprego de calidade, que tamén sinalou que a vía para crear emprego de calidade é escoitar propostas e atender as necesidades reais e puntuais axustadas ao contexto actual. Así, indicou que a Xunta traballa para manter unha Galicia competitiva, responsable, inclusiva e igualitaria na que as empresas e a administración traballen cara a unha sociedade responsable e un desenvolvemento sostible, no contexto da dixitalización.

 

Neste senso, afirmou que a aposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria por afianzar unha Galicia como espazo de oportunidades de emprego do futuro coa colaboración de axentes públicos e privados; unha Galicia consolidada na Industria 4.0 e centrada na economía intelixente, en clave tecnolóxica, achegando respostas formativas a medida para o emprego; e un servizo público de emprego evolucionado para dar resposta á cidadanía e ás empresas por diversas canles, con capacidade e servizos para atender ao mercado laboral en constante evolución.

 

A secretaria xeral fixo fincapé nas ferramentas de apoio coas que conta a Xunta para a creación de novas empresas. Destacou varias liñas de axuda para o fomento do emprendemento que procuran impulsar o nacemento de novos proxectos empresariais e a participación nesas iniciativas de persoas de colectivos prioritarios, como mulleres, persoas con discapacidade, emigrantes retornados e a mocidade, entre outros.

 

As medidas especificamente dirixidas a emprendedores da Xunta compleméntanse coas destinadas a pequenas e medianas empresas e a profesionais autónomos, para en conxunto ofrecer solucións a aspectos tan importantes como o acceso ao crédito, a conciliación laboral e familiar, a contratación ou a innovación.

 

Toca incidiu na importancia da cooperación para acadar estes retos e na necesidade de seguir traballando para adaptar o mercado laboral galego ao novo escenario poscovid-19 para favorecer a reactivación económica, poñendo en marcha medidas froito do consenso e no seo do Diálogo Social.

 

--