Imprimir esta página
A nova aceleradora Connect-19 permitirá a consolidación de 20 proxectos pemes para solucións innovadoras

A nova aceleradora Connect-19 permitirá a consolidación de 20 proxectos pemes para solucións innovadoras

31 Xullo 2020 |

(0 votos)

A Xunta de Galicia impulsará con 600.000 euros a nova aceleradora Connect-19, para a consolidación de 20 proxectos de pemes centrados no desenvolvemento de solucións innovadoras fronte á covid-19. Cómpre destacar que a renovación e actualización nas empresas é parte da RSE das mesmas.

 
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde,destacou que potenciar a innovación é a única solución posible no novo contexto socioeconómico, para que Galicia poida reactivar a súa economía e saír reforzada da actual situación.

Os 20 proxectos seleccionados, todos pemes innovadoras, poderán acceder a maiores mercados a través desta iniciativa. Todas a iniciativas contribuirán a ampliar o espectro da loita contra a covid-19 a través de proxectos centrados no traballo de máscaras infantís biodegradables feitas con fibras vexetais; en puntos de control de acceso e de temperatura; sistemas de vixilancia de aforo en espazos públicos a través de drons; un kit sensorial para a detección precoz da covid-19; o desenvolvemento de ingredientes cosméticos con capacidade antiviral para incorporalos a distintos produtos; a posta en marcha dunha aplicación para a xestión de dietas en hospitais e outro tipo de centros incluíndo un proceso de dixitalización para pacientes covid; ou o desenvolvemento de ferramentas orientadas ao teletraballo, entre outros.

O titular de Economía apuntou que o obxectivo principal é ofrecer unha oportunidade comercial para consolidar estas iniciativas fortalecendo o seu posicionamento innovador, favorecendo os investimentos públicos e privados e impulsado o seu acceso a máis e maiores mercados internacionais. O fomento da cultura innovadora entre o tecido empresarial é, segundo o conselleiro, garante de crecemento, fortalecemento e compromiso social.